Tema 11 didáctica: A avaliación na aula de linguas estranxeiras
A avaliación na aula de linguas estranxeiras No tema 11 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, abordamos a avaliación na aula de linguas estranxeiras e prestamos atención ao uso de rúbricas e á importancia de distinguir entre avaliación inicial, formativa e final. Durante as sesións, traballamos con distintas ferramentas e comprobamos que a avaliación non se pode desligar da docencia, así que será interesante compartirvos as principais aprendizaxes do tema. Primeira sesión: Na primeira sesión, falamos de distintos instrumentos de avaliación, pero centrámonos nas rúbricas de avaliación para a expresión oral e escrita, polo que afondamos nas características que estas deben posuír (teñen que reflectir os obxectivos de aprendizaxe e contar con criterios observables e distinguibles, situados nunha escala que describa a actuación do alumnado). Porén, alén desta exposición teórica e da reflexión, tivemos que aplicar a teoría á práctica por grupos, a través do ...