Tema 3: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias (Carla)
A competencia existencial na aprendizaxe de linguas: personalidade en xogo
No tema 3, que trata sobre os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias, falamos de múltiples aspectos interesantes relativos á aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Segundo os niveis comúns de referencia, o dominio xeral dunha lingua require unha serie de competencias xerais entre as que se atopan o saber, o saber facer, o saber ser e o saber aprender. Dentro do saber ser, que forma parte do saber existencial, falamos dos factores de personalidade e da súa influencia na aprendizaxe dunha lingua. Non obstante, non tivemos tempo de afondar nesta cuestión, polo que me gustaría analizar máis detalladamente a relación que existe entre estes factores e a aprendizaxe.
En liñas xerais, a aprendizaxe
dunha lingua está estreitamente vinculada a enfoques comunicativos que se
basean na idea de que aprender é poder comunicarse de xeito
efectivo en situacións da vida cotiá. Por esta razón, o proceso de aprendizaxe demanda
unha serie de cuestións necesarias para mellorar a competencia lingüística e
comunicativa (Sánchez, 2013: 281):
-
A
interacción social
Desde a miña perspectiva, é
crucial porque ofrece oportunidades para practicar a lingua en contextos
reais. Grazas a ela, podemos comprender e empregar expresións idiomáticas en
contextos comunicativos específicos ou mellorar o acento e a entoación, á parte
de recibir retroalimentación inmediata por parte do receptor que nos está
escoitando.
-
Os
baleiros de información
Na miña opinión, para
aprender unha lingua é preciso lidar con situacións nas que falta información,
identificar eses baleiros, buscar información adicional, inferir significados e
facer suposicións baseadas na información que está dispoñible ou que se coñece.
-
A
simulación de situacións orais
Segundo o meu criterio, é
conveniente practicar a lingua en situacións orais simuladas como pedir comida
nun restaurante, dar direccións ou facer preguntas. Isto permite poñer en
práctica estruturas gramaticais, adquirir vocabulario e superar
barreiras emocionais que permitan gañar confianza e fluidez.
-
A
creatividade
Persoalmente, considero que
a incorporación de elementos como historias, música ou poesía poden provocar
que a aprendizaxe sexa máis significativa e memorable. De feito, a creatividade
xoga un papel fundamental neste tipo de proxectos porque fomenta a flexibilidade
cognitiva e a capacidade para adaptarse a situacións de cambio. Ademais, tamén
permite comprender metáforas e outros recursos estilísticos fundamentais para
adquirir un nivel elevado nunha lingua estranxeira.
En vista destas demandas,
pregúntome se poden producirse choques entre os requirimentos que presenta a
aprendizaxe dunha lingua e certos factores de personalidade. Vós que opinades?
Poden influír a
extraversión e a introversión?
A primeira vista, a introversión
choca con ese enfoque comunicativo do que falabamos anteriormente, xa que o
alumnado introvertido adoita ter menos disposición a participar en intercambios
orais e a traballar en grupo. Non obstante, hai autores como Skehan (1989: 101)
que sinalan que o alumnado introvertido demostra posuír unha maior capacidade
de concentración e memorización, mentres que o alumnado extravertido se distrae
con máis facilidade porque é máis impulsivo e sociable.
Neste sentido, á hora de aprender un idioma, a extraversión pode favorecer algún aspecto ou modo de aprendizaxe, pero non todos. De feito, ese mesmo autor (ibid.) defende que, a medida que a aprendizaxe adquire un maior grao de especialización, é preciso priorizar o traballo máis individual e reflexivo, polo que a diferenza de personalidades pode ser máis perceptible en idades temperás. De todos os xeitos, como docentes debemos ter en conta estes factores á hora de planificar e organizar as aulas, de maneira que os grupos de traballo deben ser heteroxéneos para que o alumnado introvertido reciba apoio do alumnado extravertido.
Por se vos interesa, hai un libro de Susan Cain titulado Quiet The Power of Introverts, no que a autora se desfai de estereotipos e explica que este tipo de persoas son sumamente creativas, desfrutan do seu mundo interior e prefiren escoitar antes que falar. Ser introvertido non debe confundirse con ser tímido, así que vos recomendo botarlle un ollo á charla TED desta autora na que explica que as persoas introvertidas posúen habilidades marabillosas e extremadamente útiles.
Ten a autoestima algo que
ver?
Se prestamos atención á pirámide de
Maslow, podemos observar que este autor representa as necesidades do ser humano
en distintos niveis. No fondo da súa pirámide, atopamos as necesidades físicas
ou fisiolóxicas, seguidas das de seguridade, aceptación social ou pertenza,
recoñecemento ou autoestima e autorrealización. Por esta razón, podemos chegar
á conclusión de que, se un alumno ou alumna presenta baixa autoestima ou posúe
un autoconcepto negativo de si mesmo, non poderá sentirse realizado e prestar
atención á aprendizaxe. De feito, isto tamén repercutirá na súa
responsabilidade, na súa autonomía, na súa capacidade creativa e de interacción
social (Sánchez, 2013: 279).
No que atinxe á aprendizaxe de
linguas estranxeiras, é preciso poñer énfase nos resultados positivos do
alumnado e nos seus esforzos á hora de participar en debates orais ou en
proxectos colaborativos. Debemos ser conscientes de que o alumnado con déficit
de autoestima posúe dificultades á hora de relacionarse oralmente e de
participar en intercambios comunicativos.
Segundo Sánchez (2013: 280), as principais dificultades que pode atopar o alumnado con déficit de autoestima son as seguintes:
-
O perfeccionismo
As persoas con baixa
autoestima buscan validación externa, polo que intentan cumprir estándares
altos para ser aceptados e recoñecidos polos demais. Como están tan centrados
nos resultados, son incapaces de centrarse no proceso de aprendizaxe.
-
Os
pensamentos negativos
Estas persoas adoitan ser
moi selectivas á hora de filtrar a información, de xeito que só se enfocan nos
aspectos negativos. Normalmente, son moi críticas con elas mesmas, así que é
posible que magnifiquen os seus erros e defectos.
-
Os
temores
A baixa autoestima está
relacionada co temor ao rexeitamento e á crenza de que un non é suficientemente
capaz ou competente. Por esta razón, as persoas con baixa autoestima manifestan
unha preocupación constante polos xuízos e as críticas dos demais.
-
O
medo en público
O sentido do ridículo e a
comparación constante cos demais provocan que as persoas con baixa autoestima
prefiran pasar desapercibidas e eviten ser o centro de atención.
-
A
pasividade e a timidez
Dado que estas persoas
posúen unha percepción negativa de si mesmas, pensan que non teñen capacidade
para tomar decisións ou liderar. Ademais, prefiren evitar situacións que poidan
xerar exposición, conflitos ou desacordos.
Así, en base a estas dificultades, o
alumnado debe entender que a aprendizaxe dunha lingua está composta por
múltiples destrezas (comprensión e expresión oral, comprensión e expresión
escrita...), polo que as súas competencias non teñen por que ser iguais en todas.
En definitiva, é fundamental que rexeiten ese pensamento xeneralizado de todo
ou nada, que os leva a pronunciar frases como «dánseme mal as linguas» ou son
«nefasto para elas».
Referencias:
Referencias das imaxes:

.png)


Comentarios
Publicar un comentario