Presentación final (Carla)

Presentación sobre propostas da UE para a mellora da aprendizaxe e a ensinanza de linguas estranxeiras

A sesión do 20 de decembro estivo dedicada ás presentacións finais e a min tocoume presentar a miña con Carla. O tema estaba vinculado á política lingüística da Unión Europea e, en particular, ás propostas e programas que esta entidade presenta para fomentar ou mellorar a aprendizaxe e a ensinanza de linguas estranxeiras.

Persoalmente, escollín esta liña de investigación porque me pareceu moi interesante, xa que quería indagar nos programas que posúe a Unión Europea en materia de multilingüismo, co obxectivo de comprobar cales eran as súas aportacións máis significativas e, ao mesmo tempo, analizar que melloras se poden introducir. Dado que a UE estableceu o MCER como unha ferramenta común para describir as competencias lingüísticas, tamén me parecía útil descubrir que directrices se proporcionaban para o deseño de programas educativos centrados no desenvolvemento de competencias lingüísticas.

Deste xeito, a medida que ía avanzando na investigación, decateime de que existían moitas máis propostas das que imaxinaba, aínda que tamén me din conta de que os obxectivos que se pretenden acadar están moi lonxe de conseguirse. De todos os xeitos, foi un traballo que me permitiu descubrir proxectos innovadores e útiles á hora de mellorar a calidade do ensino de linguas, polo que me gustaría seguir informándome para participar nalgún deles nun futuro.

A continuación, compártovos a miña presentación, que resume os contidos principais que guiaron a investigación. Porén, gustaríame remarcar que nalgunhas diapositivas dispoñedes de etiquetas con información adicional e documentos que vos poden resultar de interese (guías dos programas, aspectos relevantes, vídeos explicativos…).

Espero que vos sexa útil e que vos animedes a compartir a vosa opinión sobre o tema. No debate posterior á presentación, estivemos falando de futuras melloras que se poden realizar; da imposibilidade de conseguir que os cidadáns da UE posúan un bo coñecemento de dúas linguas á parte da súa lingua ou linguas maternas; do descoñecemento que existe sobre a maioría de programas; de métodos de reflexión como o Linguistically Sensitive Teaching, etc. Que opinades vós sobre estes temas?

Tedes alguna experiencia con algún programa como Erasmus + que vos gustaría compartir?

 

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Tema 11 didáctica: A avaliación na aula de linguas estranxeiras

Tema 5: O deseño curricular base para as linguas estranxeiras (Gonzalo)

Tema 6: As programacións didácticas vixentes (Gonzalo)