Tema 1 didáctica: situacións e variables de ensino das linguas estranxeiras (Gonzalo)
No tema 1 da materia de Didáctica
da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, tivemos a oportunidade de traballar con
situacións e variables de ensino desta especialidade. En particular, examinamos
similitudes e diferenzas presentes en distintos contextos da adquisición de
linguas, analizamos terminoloxía referida a contextos de uso e afondamos no
concepto de repertorio lingüístico. No que se refire ao marco temporal, o tema
abrangueu dúas horas dunha sesión e unha sesión completa de catro horas, pero
iso non impediu que participásemos en múltiples actividades que fomentaron a
participación activa, o pensamento crítico e a aprendizaxe conxunta.
Primeira sesión:
Na primeira sesión, a actividade
que fixemos estivo relacionada coas características que presenta a adquisición
dunha lingua inicial e a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Para iso,
traballamos co diagrama de Venn, unha representación gráfica que se usa para
visualizar relacións, similitudes e diferenzas entre elementos. Esta gráfica
está formada por dous círculos que se poden organizar de varias maneiras, pero
a que empregamos na clase é a dos overlapping circles.
Deste xeito, formamos grupos dunhas
catro persoas e debuxamos dous círculos superpostos para expoñer as
particularidades do tema co que estabamos a traballar. Cada círculo abordaba as
singularidades da lingua inicial e a lingua estranxeira, mentres que a porción
común entre os dous mostraba os puntos que tiñan en común. Para ilustralo, a
continuación déixovos o resultado do meu grupo:
Tras presentar as ideas que se incluíron en todos os diagramas creados, o profesor confeccionou unha táboa coas achegas de toda a clase, así que tamén é interesante que poidades consultar as conclusións ás que chegou o grupo-aula:
Desde a miña perspectiva, os diagramas de Venn son especialmente útiles polo seu carácter visual, así que poderían ser proveitosos para representar conceptos abstractos. No caso dunha aula de lingua estranxeira, considero que os overlapping circles poderían empregarse, por exemplo, para comparar e contrastar as diferenzas entre o inglés británico e o inglés americano.
Segunda sesión:
Durante a segunda sesión, un dos
aspectos aos que prestamos atención foi a influencia de certos factores individuais
na aprendizaxe de segundas linguas (a idade, a motivación, a aptitude, as
intelixencia, os factores da personalidade...). Para comezar, fixemos un remuíño
de ideas en grupos e, ao rematar, levamos a cabo un debate co propósito de compartilas. Ademais, o
docente amosounos un mapa que nos permitiu afondar en cada un dos
factores.
Dentro das categorías, a aptitude chamoume a atención porque depende, intrinsecamente, da memoria de
traballo, a idade, a intelixencia ou a motivación. Por esta razón, como
docentes, debemos intentar traballar a memoria de traballo do alumnado, xa que neurocientíficos
como John Sweller sinalan que a relación entre a memoria de traballo e a
memoria a longo prazo é quizais o factor crítico máis importante na cognición
humana. Para conseguilo, os docentes deben coñecer estratexias de optimización
que permitan traballar a memoria, así que vos deixo un vídeo que fai fincapé nalgunha
cuestión que debemos ter en conta (brevidade, claridade, descansos...):
Non obstante, dentro dos factores, considero que a motivación na aprendizaxe de segundas linguas tamén é crucial. O docente falounos dos estudos do gurú Zoltán Dörnyei e eu atopei varias charlas del que me pareceron moi valiosas. Unha delas é a seguinte, que fala de tres regras ou normas que se deben ter en conta á hora de motivar ao alumnado:
Alén dos factores, durante a segunda sesión tamén nos centramos na terminoloxía das linguas de ensino (lingua inicial, segunda lingua e lingua estranxeira), así como en conceptos vinculados aos contextos de uso (lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular). Para comprobar que todas e todos entendemos a explicación do docente, dividímonos en grupos de catro ou cinco persoas e fixemos un placemat co propósito de incentivar a participación activa de todo o grupo. O obxectivo era responder unha listaxe de preguntas, polo que o meu grupo e mais eu primeiro respondemos a dúas preguntas de xeito individual e, despois, consensuamos unha resposta entre todas.
Para rematar, o docente presentounos os conceptos de repertorio lingüístico, comunidade de lingua e comunidade lingüística e retounos a elaborar o repertorio lingüístico do grupo-aula. Por unha banda, tiñamos que plasmar o nivel de coñecemento pasivo que tiñamos, tanto de linguas como de variedades lingüísticas e, por outra, debiamos especificar tamén cal era o noso nivel de coñecemento activo. Para conseguilo, tivemos que traballar de xeito piramidal, primeiro individualmente, logo en grupos de catro e así sucesivamente ata obter o seguinte repertorio grupal:
Como se pode observar, creo que o proceso polo que pasamos ata construír o resultado final ilustrou a realidade das situacións que nos imos atopar á hora de ensinar linguas: a bagaxe de coñecementos é distinta, pero o importante é coñecer cales poden ser os puntos que un grupo posúe en común para personalizar a aprendizaxe, facilitar a comunicación, promover a autoconfianza, a diversidade cultural e a inclusión.
Que opinades vós? Cal vos pareceu a actividade máis útil?


.jpg)

.jpg)
¡Hola Ariadna!
ResponderEliminarMe ha gustado mucho esta entrada del blog. Estoy de acuerdo contigo en la importancia de la memoria de trabajo, creo como docentes debemos entender que el alumnado es diferente entre sí y es por eso que tenemos que ser flexibles. El profesor o profesora debe adaptarse a las necesidades del alumnado, por lo que conocer la memoria de trabajo de los alumnos y alumnas es algo muy beneficioso.
Además, me parece muy interesante la forma en la que reflejas las ventajas que tiene cada actividad que hicimos en el aula e incluso algunas de sus desventajas. Pienso que actividades como el Diagrama de Venn, el placemat, la lluvia de ideas y la construcción piramidal que hicimos con el repertorio lingüístico pueden ser realmente útiles en el aula de lengua extranjera. Si tuviese que escoger una de estas actividades creo que escogería el Diagrama de Venn, ya que se puede aplicar en muchas ocasiones en la clase y puede resultar un elemento muy visual para el alumnado.
Ola Ariadna!
ResponderEliminarParabéns polo traballo feita nesta entrada. Gústame que foses máis alá dunha mera exposición e pensases en cómo aplicalas técnicas e actividades na aula de linguas estranxeiras, como o uso dos overlapping circles nunha comparación do inglés americano e inglés británico. A única cuestión que me queda tras ler a entrada é respecto á sesión dous, cando falas da memoria de traballo.
O vídeo con consellos para docentes ca fin de optimizar a memoria de traballo dos estudantes na aula é moi útil pero sí que me xera dúbidas respecto ao uso dos teléfonos móbiles, xa que se da a entender que deben ser retirados. Dende a miña perspectiva, como docentes hai que incentivar aos estudantes a que os vexan non só como un elemento lúdico, senón tamén como algo didáctico, e iso se consegue incorporándoos nas leccións. Claro está que esa é a miña opinión, gustaríame saber o que pensas ao respecto. En todo caso, grazas pola túa contribución con esta entrada :)
Saúdos
Noelia