Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Presentación final (Carla)

Imagen
Presentación sobre propostas da UE para a mellora da aprendizaxe e a ensinanza de linguas estranxeiras A sesión do 20 de decembro estivo dedicada ás presentacións finais e a min tocoume presentar a miña con Carla. O  tema estaba vinculado á política lingüística da Unión Europea e, en particular, ás propostas e programas que esta entidade presenta para fomentar ou mellorar a aprendizaxe e a ensinanza de linguas estranxeiras. Persoalmente, escollín esta liña de investigación porque me pareceu moi interesante, xa que quería indagar nos programas que posúe a Unión Europea en materia de multilingüismo, co obxectivo de comprobar cales eran as súas aportacións máis significativas e, ao mesmo tempo, analizar que melloras se poden introducir. Dado que a UE estableceu o MCER como unha ferramenta común para describir as competencias lingüísticas, tamén me parecía útil descubrir que directrices se proporcionaban para o deseño de programas educativos centrados no desenvolvemento de competenci...

Tema 4: O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais (Carla)

Imagen
 As prácticas restaurativas como medio para transformar conflitos e fortalecer comunidades educativas Na sesión do tema 4, tivemos a oportunidade de recibir unha charla na que puidemos escoitar experiencias diferentes de persoas que realizaron este mestrado e tomaron camiños distintos. Entre todas elas, había unha docente que aprobou as oposicións en Galicia, polo que nos deu algún consello que lle resulta práctico á hora de impartir as clases de lingua estranxeira. Todo o que comentou era interesante, pero a metodoloxía das prácticas restaurativas que mencionou chamoume moito a atención pola súa utilidade á hora de xestionar conflitos e establecer vínculos. Que vos parece se afondamos un pouco na análise deste método? En primeiro lugar, convén conceptuar o termo para saber cal é o obxectivo destas prácticas. As prácticas restaurativas concíbense como unha metodoloxía que promove a convivencia comunitaria a través da prevención e a resolución compartida e pacífica dos conflito...

Tema 3: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias (Carla)

Imagen
 A competencia existencial na aprendizaxe de linguas: personalidade en xogo No tema 3, que trata sobre os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias, falamos de múltiples aspectos interesantes relativos á aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Segundo os niveis comúns de referencia, o dominio xeral dunha lingua require unha serie de competencias xerais entre as que se atopan o saber, o saber facer, o saber ser e o saber aprender. Dentro do saber ser, que forma parte do saber existencial, falamos dos factores de personalidade e da súa influencia na aprendizaxe dunha lingua. Non obstante, non tivemos tempo de afondar nesta cuestión, polo que me gustaría analizar máis detalladamente a relación que existe entre estes factores e a aprendizaxe. En liñas xerais, a aprendizaxe dunha lingua está estreitamente vinculada a enfoques comunicativos que se basean na idea de que aprender é poder comunicarse de xeito efectivo en situacións da vida cotiá. Por e...

Tema 2: Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea (Carla)

Imagen
 Rumbo á mestría lingüística: o PIALE e o seu compromiso coa inmersión lingüística docente No tema 2, que versa sobre o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, a docente mencionou un programa formativo para o profesorado do que nunca escoitara falar. A súa denominación completa é Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) e o seu obxectivo primordial reside en que os docentes realicen inmersións culturais para coñecer en primeira persoa algúns sistemas educativos do mundo. A idea soa ben, non? Pois, se vos parece, imos facer un pequeno labor de investigación que nos permita afondar un pouco máis nesta actividade de formación. Para comezar, debemos saber quen é o profesorado destinatario deste tipo de programa, xa que, como especialistas de linguas, pode ser unha opción interesante que deberíamos ter en conta na nosa futura práctica docente. Así, aínda que a Orde do 20 de abril de 2023 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a real...