Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Tema 1: O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico (Carla)

Imagen
Excelencia educativa? O PBL e o enfoque AICLE nun diálogo global Nesta entrada, gustaríame facer unha reflexión acerca dun aspecto relacionado co tema un, que se centra no ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico. Dado que unha das cuestións que me chamou a atención foi o éxito das políticas educativas finlandesas á hora de guiar ao seu alumnado, decidín consultar algún informe para ser consciente do nivel e dos resultados que se obteñen neste país. Porén, tras afondar no Informe PISA de 2018, decateime de que aínda hai diferenzas de xénero no que respecta ao rendemento académico e ás metas ou aspiracións laborais que posúen os mozos e as mozas finlandeses. Parece logo que non é ouro todo o que reloce... Fonte: PISA Publications (2018). Así mesmo, no que ao nivel de inglés se refire, é preciso subliñar que o Índice EF do 2023 sinala que os resultados de Finlandia experimentaron unha caída, aínda que continúa situándose entre os países máis competente...

Tema 5: O deseño curricular base para as linguas estranxeiras (Gonzalo)

Imagen
Ola de novo a todos e a todas! Nesta entrada, expoñereivos as miñas reflexións e opinións sobre o tema 5 da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional, co obxectivo de analizar as competencias adquiridas e presentar os resultados das actividades e traballos realizados. Antes de comezar, é preciso subliñar que o tema estivo organizado en tres sesións e se centrou, principalmente, no deseño curricular base para as linguas estranxeiras. Non obstante, o docente adoptou un enfoque e unha metodoloxía distinta en cada unha delas, así que participamos en diversas actividades que nos permitiron abordar os aspectos clave do deseño curricular, a organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial e o papel das linguas estranxeiras nos currículos da Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional. Na primeira sesión, comezamos cunha presentación da materia para familiarizarnos cos obxectivos, os contidos e a metodoloxía de avaliación, unha...

Benvida ao blog

Imagen
Ola, benvidos e benvidas ao noso recanto das linguas! Eu son Ariadna e neste blog exploraremos o universo lingüístico e a súa diversidade, aínda que nos centraremos, especialmente, na situación das linguas estranxeiras no contexto español e internacional. Falaremos de lexislación, políticas e estruturas educativas actuais, polo que tomaremos como modelo o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER). Espero que, coma min, teñades ganas de mergullarvos nesta comunidade para que poidamos compartir relatos, experiencias, curiosidades e consellos prácticos. Non dubidedes en colaborar e intercambiar opinións!