Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Tema 11 didáctica: A avaliación na aula de linguas estranxeiras

Imagen
 A avaliación na aula de linguas estranxeiras No tema 11 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, abordamos a avaliación na aula de linguas estranxeiras e prestamos atención ao uso de rúbricas e á importancia de distinguir entre avaliación inicial, formativa e final. Durante as sesións, traballamos con distintas ferramentas e comprobamos que a avaliación non se pode desligar da docencia, así que será interesante compartirvos as principais aprendizaxes do tema. Primeira sesión: Na primeira sesión, falamos de distintos instrumentos de avaliación, pero centrámonos nas rúbricas de avaliación para a expresión oral e escrita, polo que afondamos nas características que estas deben posuír (teñen que reflectir os obxectivos de aprendizaxe e contar con criterios observables e distinguibles, situados nunha escala que describa a actuación do alumnado). Porén, alén desta exposición teórica e da reflexión, tivemos que aplicar a teoría á práctica por grupos, a través do ...

Tema 3 didáctica: Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula (Cristina)

Imagen
 A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula No tema 3 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras traballamos con procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras e centrámonos en actividades de mediación, comprensión, expresión e interacción, tanto orais como escritas. ¿Queredes saber cales foron as aprendizaxes máis significativas? Primeira sesión Na primeira sesión, a docente presentounos o concepto de mediación e proporcionounos unha visión esclarecedora sobre o seu uso social e o seu propósito facilitador da comunicación, xa que eu non posuía un gran coñecemento desta actividade da lingua. Antes de comezar a explicación, tivemos que formar grupos para confeccionar unha definición de mediación e plurilingüismo e, despois, fixemos unha posta en común para compartir as nosas achegas. Ao rematar, a docente expúxonos unha presentación que pretendía abordar os tres elementos que se poden ter en cont...