Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Tema 1 didáctica: situacións e variables de ensino das linguas estranxeiras (Gonzalo)

Imagen
No tema 1 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, tivemos a oportunidade de traballar con situacións e variables de ensino desta especialidade. En particular, examinamos similitudes e diferenzas presentes en distintos contextos da adquisición de linguas, analizamos terminoloxía referida a contextos de uso e afondamos no concepto de repertorio lingüístico. No que se refire ao marco temporal, o tema abrangueu dúas horas dunha sesión e unha sesión completa de catro horas, pero iso non impediu que participásemos en múltiples actividades que fomentaron a participación activa, o pensamento crítico e a aprendizaxe conxunta. Primeira sesión: Na primeira sesión, a actividade que fixemos estivo relacionada coas características que presenta a adquisición dunha lingua inicial e a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Para iso, traballamos co diagrama de Venn, unha representación gráfica que se usa para visualizar relacións, similitudes e diferenzas entre elementos. Esta ...

Tema 6: As programacións didácticas vixentes (Gonzalo)

Imagen
 As programacións didácticas vixentes O tema 6, que versa sobre as programacións didácticas vixentes, desempeñou un papel fundamental á hora de actualizar, asimilar e acomodar coñecementos relativos ás programacións didácticas. Non obstante, tamén nos permitiu ampliar o noso coñecemento en relación aos procesos selectivos que proporcionan acceso á función pública docente. De feito, na miña opinión, foi un tema moi útil porque nos proporcionou información de interese para o noso futuro.                En canto á organización das sesións, só puidemos dedicarlle a sesión do once de decembro, pero aínda así tivemos tempo de comentar todos os aspectos relevantes. Para comezar, o docente dedicou a primeira parte da sesión a explicarnos a normativa sobre as oposicións, que se dividen nunha fase de concurso (40 %) e noutra de oposición ( 60 % ). Dentro desta explicación, pareceume interesante que puidésemos comentar o baremo que se emprega para ...